Que se aprende a facer?
Confeccionar, tanto á medida coma industrialmente, pezas, complementos e outros artigos en téxtil e pel, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
Onde se realiza o traballo?
En establecementos e industrias de confección e moda dedicadas ao preparado e corte de materiais, á produción de pezas, ao remate industrial de pezas e complementos de vestir en téxtil e pel, e artigos téxtiles para o fogar, usos industriais e deportivos. De igual modo, pode exercer a súa actividade en establecementos dedicados á realización de vestiario á medida.
En que postos de traballo?
Confeccionista. Axudante de xastraría e modistaría. Especialista en confección. Oficial de confección. Cortador/ora de pezas e artigos téxtiles. Operador/ora de máquinas industriais de coser e bordar. Cosedor/ora-ensamblador/ora. Marcador/ora-cortador/ora de pezas e artigos en téxtil e pel. Pasador/ora-acabador/ora. Operador/ora de máquinas de remate.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos Horas
Acabamentos de confección 140
Confección á medida 209
Confección industrial 266
Corte de materiais 213
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 410
Información e atención ao cliente 80
Materiais téxtiles e pel 187
Moda e tendencias 107
Patróns 123
Principios de mantemento electromecánico 105
Que título se obtén?
Técnico en confección e moda.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio, e mediante proba, aos ciclos de grao superior
Enviar a un amigo