Familia: Administración e xestión 
Nome ciclo: Xestión administrativa 
Grao: Medio 
Horas: 2000 
Que se aprende a facer? 
Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, fi-nanceiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e pri-vadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental. 
Onde se realiza o traballo? 
En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía. 
En que postos de traballo? 
Auxiliar administrativo/a, axudante de oficina, auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos, administrativo/a comercial, auxiliar administrativo/a de xestión de persoal, auxiliar administrativo/a das administracións públicas, recepcionista, empregado/a de atención á clientela, empregado/a de tesouraría e empregado/a de medios de pagamento. 
Cales son os módulos deste ciclo? 
Módulos Horas 
Comunicación empresarial e atención á clientela 123 
Empresa e administración 123 
Empresa na aula 156 
Formación e orientación laboral 107 
Formación en centros de traballo 410 
Inglés 160 
Operacións administrativas de compravenda 133 
Operacións administrativas de recursos humanos 123 
Operacións auxiliares de xestión de tesouraría 160 
Técnica contable 133 
Tratamento da documentación contable 105 
Tratamento informático da información 267 
Que título se obtén? 
Técnico en xestión administrativa 
A que outros estudos se pode acceder? 
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.