Que se aprende a facer? 
Montar e manter infraestruturas de telecomunicación en edificios, instalacións eléctricas de baixa tensión, máquinas eléctricas e sistemas automatizados, conforme a normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo medio. 
Onde se realiza o traballo? 
En pequenas e medianas empresas, nomeadamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento de infraestruturas de telecomunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos, tanto por conta propia como por conta allea. 
En que postos de traballo? 
Instalador/ora mantedor/ora electricista. Electricista de construción. Electricista industrial. Electricista de mantemento. Instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos. Instalador/ora mantedor/ora de antenas. Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas. Instalador/ora mantedor/ora de equipamentos e instalacións de telefonía. Montador de instalacións de enerxía solar fotovoltaica. 
Cales son os módulos deste ciclo? 
Módulos Horas 
Automatismos industriais 213 
Electrónica 107 
Electrotecnia 213 
Empresa e iniciativa emprendedora 53 
Formación e orientación laboral 107 
Formación en centros de traballo 410 
Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios 123 
Instalacións de distribución 155 
Instalacións domóticas 123 
Instalacións eléctricas interiores 320 
Instalacións solares fotovoltaicas 53 
Máquinas eléctricas 123 
Que título se obtén? 
Técnico en instalacións eléctricas e automáticas. 
A que outros estudos se pode acceder? 
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior