Cargando...

Menú
¡Llama gratis! 900 831 816
Presencial
Pedir información

TITULACIÓN SUPERIOR EN ESCENOGRAFÍA

A Titulación Superior en Arte Dramática na especialidade de Escenografía, equivalente a todos os efectos á titulación de Grao Universitario, está orientada, segundo o Decreto 179/2015, ao desenvolvemento das seguintes competencias:


  • Concibir as ideas e propostas que fundamentan a creación do deseño, explorando a dinámica do espazo, do corpo e da luz, valorando as súas propiedades representativas e a súa calidade estética.
  • Proxectar a composición do deseño a través do uso do coñecemento dos procedementos técnicos e de representación.
  • Planificar e facer o seguimento do proceso de realización da creación, aplicando as metodoloxías de traballo pertinentes.
  • Planificar e desenvolver programas de educación e animación teatral.
  • Estudar para concibir e fundamentar o proceso creativo persoal, tanto no que se refire ás metodoloxías de traballo como á renovación estética.
  • Estudar o feito escénico a partir de diferentes métodos e coñecer aspectos básicos da investigación escénica.


Uns estudos oficiais orientados tanto a persoas relacionadas co ámbito da arquitectura, deseño de interiores e as belas artes, como a profesionais do ámbito escénico. Tamén posúe gran afinidade con outras profesións relacionadas cos diversos procesos de ideación e transformación de espazos, como é a dirección artística no ámbito audiovisual, ou o escaparatismo e a publicidade.

Contacta ahora con el centro