Menú
¡Llama gratis! 900 831 816

Escuela Superior de Arte Dramático (ESAD) de Galicia

Grao en Dirección escénica e Dramaturxia de Escuela Superior de Arte Dramático (ESAD) de Galicia en Pontevedra

Presencial
Pedir información

TITULACIÓN SUPERIOR EN DIRECCIÓN ESCÉNICA E DRAMATURXIA

A Titulación Superior en Arte Dramática na especialidade de Dirección escénica e dramaturxia, equivalente a todos os efectos á titulación de Grao Universitario, está orientada, segundo o Decreto 179/2015, ao desenvolvemento das seguintes competencias:


  • Concibir propostas escénicas que fundamentan o espectáculo, xerando e analizando conceptos, textos e imaxes e valorando as súas propiedades representativas e a súa calidade estética.
  • Proxectar a composición do espectáculo, utilizando todos os coñecementos estéticos e técnicos necesarios sobre as diversas linguaxes que participan na representación.
  • Planificar e conducir o proceso xeral de creación do espectáculo, aplicando a metodoloxía de traballo pertinente.
  • Planificar e desenvolver programas de educación e animación teatral.
  • Investigar para concibir e fundamentar o proceso creativo persoal, tanto no que se refire á metodoloxía de traballo canto á renovación estética.
  • Estudar o feito escénico a partir de diferentes métodos e coñecer aspectos básicos da investigación escénica.
Contacta ahora con el centro