Menú
¡Llama gratis! 900 264 357

Formación Profesional Grao superior Dirección de cociña de IES de Vilamarin

IES de Vilamarin

Presencial
Pedir información
Impartido en: Orense/Ourense

Temario

Familia: Hostalaría e turismo
Nome ciclo: Dirección de cociña
Grao: Superior
Horas: 2000

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar a produción e o servizo en cociña, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, a produción e o servizo, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

Onde se realiza o traballo?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría e, en concreto, do subsector de restauración. Poden actuar en pequenos establecementos, en moitas ocasións como propietario ou propietaria e responsable de cociña simultaneamente. Malia desenvolver habitualmente a súa actividade profesional en establecementos de carácter privado, tamén pode desenvolvela en establecementos públicos, nomeadamente nos sectores educativo, sanitario e de servizos sociais. Cando non actúan por conta propia, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección do establecemento, sexa este un hotel ou sexa outro tipo de aloxamento ou establecemento de restauración.

En que postos de traballo?
Director/ora de alimentos e bebidas, director/ora de cociña, xefe/a de produción en cociña, xefe/a de cociña, segundo/a xefe/a de cociña, xefe/a de operacións de cátering, xefe/a de partida, cociñeiro/a, encargado de economato e adega.

Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos Horas
Control do aprovisionamento de materias primas 53
Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña 210
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 384
Gastronomía e nutrición 53
Inglés 160
Procesos de elaboración culinaria 267
Procesos de preelaboración e conservación en cociña 240
Proxecto de dirección de cociña 26
Recursos humanos e dirección de equipos en restauración 53
Xestión administrativa e comercial en restauración 70
Xestión da calidade e da seguridade e hixiene alimentarias 80
Xestión da produción en cociña 244

Que título se obtén?
Técnico superior en dirección de cociña

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo a calquera estudo universitario de grao e a calquera outro ciclo formativo de grao superior.

Contacta ahora con el centro