Menú
¡Llama gratis! 900 264 357

Formación Profesional Grao superior Animación de actividades físicas e deportivas de IES Monte Castelo

IES Monte Castelo

Presencial
Pedir información
Presencial
Impartido en: Lugo

Presentación

Temario

Familia: Actividades físicas e deportivas
Nome ciclo: Animación de actividades físicas e deportivas
Grao: Superior
Horas: 2000

Que se aprende a facer?
Ensinar e dinamizar xogos, actividades físico-deportivas recreativas individuais, de equipo e con implementos, e actividades de acondicionamento físico básico, adaptándoos ás características do medio e ás dos participantes, conseguindo a satisfacción do usuario e un nivel competitivo de calidade, nos límites de gasto previsto.

Onde se realiza o traballo?
Programación, ensino, dinamización e avaliación de actividades. Dirección e animación de grupos e avaliación da condición física.

En que postos de traballo?
Promotor de actividades físico-deportivas, animador de actividades físicas e deportivas, coordinador de actividades polideportivas, monitor de actividades físico-deportivas recreativas individuais, de equipo e con implementos.

Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos Horas
Actividades físicas para persoas con discapacidades 55
Actividades físico-deportivas con implementos 160
Actividades físico-deportivas de equipo 255
Actividades físico-deportivas individuais 210
Animación e dinámica de grupos 110
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Fundamentos biolóxicos e bases do acondicionamento físico 185
Horas á disposición do centro 75
Metodoloxía didáctica das actividades físico-deportivas 110
Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas 110
Primeiros auxilios e socorrismo acuático 110
Proxecto integrado 75
Xogos e actividades físicas recreativas para animación 110

Que título se obtén?
Técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas.

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.

Contacta ahora con el centro