Menú
¡Llama gratis! 900 264 357

Formación Profesional Grao medio Traballos forestais e conservación do medio natural de IES de Arzua

IES de Arzua

Presencial
Pedir información
Impartido en: A Coruña

Temario

Que se aprende a facer?
Realizar os traballos propios da actividade forestal e os de vixilancia, mantemento e protección do medio natural, en condicións adecuadas de seguridade e hixiene e conservando o medio produtivo. Manexar e manter en uso a maquinaria e equipos necesarios. Organizar e xestionar unha explotación forestal de tipo familiar.

Onde se realiza o traballo?
Produción de plantas en viveiros. Especies arbóreas e a súa implantación no medio natural ou forestal. Mantemento, conservación e defensa das masas forestais. Aproveitamento dos recursos forestais. Especies cinexéticas e piscícolas do hábitat forestal. Traballos relacionados coa conservación e restauración do medio físico. Traballos relacionados coa xestión de áreas recreativas e de lecer. Traballos de vixilancia do patrimonio natural e sobre os posibles impactos agresores sobre o medio natural. Actividades ambientais.

En que postos de traballo?
Motoserrista/rozador. Maquinista forestal, tractorista. Silvicultor. Repoboador. Viveirista. Descortizador. Resineiro. Bombeiro forestal. Colaborador de espazos cinexéticos e piscifactorías. Axente forestal (espazos naturais, parques naturais, parques nacionais). Axente do medio ambiente. Colaborador en centros de interpretación da natureza, de turismo rural e de educación ambiental. Guía da natureza.

Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos Horas
Actividades de uso público en espazos naturais 90
Agrotecnoloxía 185
Aproveitamentos cinexéticos e piscícolas 110
Aproveitamentos forestais 185
Conservación e defensa das masas forestais 240
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Horas á disposición do centro 50
Instalacións agrarias 110
Mecanización agraria 215
Organización e xestión dunha explotación agraria familiar 110
Produción de plantas 215
Relacións no equipo de traballo 55

Que título se obtén?
Técnico en traballos forestais e de conservación do medio natural.

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.

Contacta ahora con el centro