Menú
¡Llama gratis! 900 264 357

Formación Profesional Grao medio Servizos en restauración de IES de Vilamarin

IES de Vilamarin

Presencial
Pedir información
Impartido en: Orense/Ourense

Temario

Familia: Hostalaría e turismo
Nome ciclo: Servizos en restauración
Grao: Medio
Horas: 2000

Que se aprende a facer?
Realizar actividades de preparación, presentación e servizo de alimentos e bebidas, así como as de atención á clientela no ámbito da restauración, seguindo os protocolos de seguridade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

Onde se realiza o traballo?
En empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría, aínda que tamén pode traballar por conta propia en pequenos establecementos de restauración. Esta profesión desenvólvese en sectores e subsectores produtivos en que se desenvolvan procesos de elaboración e servizo de alimentos e bebidas, como o sector da hostalaría e, no seu marco, as áreas de hostalaría e restauración (tradicional, moderna e colectiva).

En que postos de traballo?
Camareiro/a de bar e cafetaría ou restaurante. Xefe/a de rango. Empregado/a de economato de unidades de produción e servizo de alimentos. Barman. Axudante de somelier. Auxiliar de servizos en medios de transporte.

Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos Horas
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 410
Inglés 160
O viño e o seu servizo 140
Ofertas gastronómicas 87
Operacións básicas en bar e cafetaría 267
Operacións básicas en restaurante 320
Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos 53
Servizos en bar e cafetaría 140
Servizos en restaurante e eventos especiais 210
Técnicas de comunicación en restauración 53

Que título se obtén?
Técnico en servizos en restauración.

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.

Contacta ahora con el centro