Menú
¡Llama gratis! 900 264 357

Formación Profesional Grao medio Panadaría, repostaría e confeitaría de IES de Vilamarin

IES de Vilamarin

Presencial
Pedir información
Impartido en: Orense/Ourense

Temario

Familia: Industrias alimentarias
Nome ciclo: Panadaría, repostaría e confeitaría
Grao: Medio
Horas: 2000

Que se aprende a facer?
Elaborar e presentar produtos de panadaría, repostaría e confeitaría, conducindo as operacións de produción, composición e decoración, en obradoiros e establecementos de restauración, con aplicación da lexislación vixente de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.

Onde se realiza o traballo?
En obradoiros artesanais ou semiindustriais que elaboran produtos de panadaría, pastelaría e confeitaría, así como no sector de hostalaría, subsector de restauración, e como elaboradores ou elaboradoras por conta propia ou por conta allea. Tamén exercen a súa actividade no sector do comercio da alimentación en establecementos que elaboran e venden produtos de panadaría, pastelaría e repostaría.

En que postos de traballo?
Panadeiro/a, elaborador/a de bolaría, elaborador/a de masas e bases de pizza, pasteleiro/a, elaborador/a e decorador/a de pasteis, confeiteiro/a, reposteiro/a, turroneiro/a, elaborador/a de caramelos e doces, elaborador/a de produtos de cacao e chocolate, churreiro/a, galleteiro/a, elaborador/a de sobremesas en restauración.

Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos Horas
Elaboracións de confeitaría e outras especialidades 192
Elaboracións de panadaría e bolaría 347
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 410
Materias primas e procesos en panadaría, pastelaría e repostaría 133
Operacións e control de almacén na industria alimentaria 80
Presentación e venda de produtos de panadaría e pastelaría 70
Procesos básicos de pastelaría e repostaría 240
Produtos de obradoiro 175
Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos 53
Sobremesas en restauración 140

Que título se obtén?
Técnico en panadaría, repostaría e confeitaría.

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.

Contacta ahora con el centro