Menú
¡Llama gratis! 900 264 357

Formación Profesional Grao medio Instalacións de telecomunicacións de IES ESPIÑEIRA

IES ESPIÑEIRA

Presencial
Pedir información
Presencial
Impartido en: A Coruña

Presentación

Temario

Que se aprende a facer?
Montar e manter instalacións de telecomunicacións e audiovisuais, instalacións de radio-comunicacións e instalacións domóticas, de acordo coa normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, de xeito que se asegure a súa funcio-nalidade e o respecto ambiental.

Onde se realiza o traballo?
En microempresas e en empresas pequenas e medianas, maioritariamente privadas, por conta propia ou allea, nas áreas de montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomu-nicación, instalacións de circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica, centrais telefónicas e infraestruturas de redes de voz e datos, sonorización e megafonía, instala-cións de radiocomunicacións, sistemas domóticos e equipamentos informáticos.

En que postos de traballo?
Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas, instalador/ora de antenas, instalador/ora de sistemas de seguridade, técnico/a en redes locais e telemática, técnico/a en instalación e mantemento de redes locais, instalador/ora de telefonía, instalador/ora montador/ora de equipamentos telefónicos e telemáticos, técnico/a en instalacións de son, instalador/ora de megafonía, instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos, técnico/a instalador/ora mantedor/ora de equipamentos informáticos, e técnico/a en montaxe e man-temento de sistemas de radiodifusión.

Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos Horas
Circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica 157
Electrónica aplicada 266
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Equipamentos microinformáticos 133
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 410
Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios 123
Infraestruturas de redes de datos e sistemas de telefonía 174
Instalacións de megafonía e sonorización 160
Instalacións de radiocomunicacións 107
Instalacións domóticas 123
Instalacións eléctricas básicas 187

Que título se obtén?
Técnico en instalacións de telecomunicacións

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior

Contacta ahora con el centro