Menú
¡Llama gratis! 900 264 357

Formación Profesional Grao medio Coidados auxiliares de enfermaría de IES Monte Castelo

IES Monte Castelo

Presencial
Pedir información
Presencial
Impartido en: Lugo

Presentación

Temario

Familia: Sanidade
Nome ciclo: Coidados auxiliares de enfermaría
Grao: Medio
Horas: 1400

Que se aprende a facer?
Proporcionar coidados auxiliares ao paciente ou cliente e actuar sobre as condicións sanitarias do seu contorno como membro dun equipo de enfermaría nos centros sanitarios de atención especializada e de atención primaria, baixo a dependencia do diplomado de enfermaría e, de ser o caso, como membro dun equipo de saúde na asistencia sanitaria derivada da práctica do exercicio liberal, baixo a supervisión correspondente.

Onde se realiza o traballo?
Organización e xestión da unidade ou consulta, prestación do servizo e educación sanitaria.

En que postos de traballo?
Auxiliar de enfermaría ou clínica, de balnearios, de atención primaria e coidados de enfermería a domicilio, auxiliar bucodental, xeriátrico, pediátrico, de esterilización, de unidades especiais e de saúde mental.

Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos Horas
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 440
Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material 160
Horas á disposición do centro 55
Operacións administrativas e documentación sanitaria 55
Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente 130
Relacións no equipo de traballo 55
Técnicas básicas de enfermaría 320
Técnicas de axuda odontolóxica e estomatolóxica 130

Que título se obtén?
Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.

Contacta ahora con el centro