As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Diplomado en Terapia Ocupacional deberán proporcionar unha formación axeitada nas bases teóricas e nas técnicas e actuacións que, a partir dunha actividade ocupacional, tenden a potenciar e suplir funcións físicas ou psíquicas diminuídas ou perdidas, e a orientar e estimular actividades físicas ou psíquicas.
SAÍDAS PROFESIONAIS
SECTORES: Centros de rehabilitación, de adultos ou de nenos. Hospitais pediátricos e psiquiátricos, xeriátricos, centros de deficientes, de estimulación precoz e de rehabilitación para nenos autistas. Colexios ou escolas públicas ou mutuas de accidentes de traballo. Administración pública. Centros dependentes dos Ministerios de Traballo e Asuntos Sociais, e de Sanidade e Consumo, servizos de rehabilitación e de estimulación precoz, entre outros.
FUNCIÓNS: Asistencia social, educación especial, reinserción laboral. Orientación, asesoramento e tratamento na rehabilitación de nenos e adultos.